CRTVG

Buscar

Podcast

Puglia: brisas do Adriático e do Xónico e o sol no balcón máis morriñento do confinamento, con Xulia Lomba

22/05/2021 - 06:04 h

No capítulo 27 de Lambóns de Viaxe acompañamos a Xulia Lomba nunha volta por Puglia, o “tacón da bota” no mapa de Italia. Percorreremos Bari e Lecce, descubriremos o bo ambiente de Gallipoli e a beleza de lugares como Polignanno di Mare ou Alberobello. Non faltarán as anécdotas de festas e cemiterios animados. Durante un anaquiño da ruta, sentaremos con Xulia no balcón do seu apartamento en Lecce, en que pasou moitas horas ao sol durante varias semanas no confinamento en 2020.