CRTVG

Buscar

Podcast

A Habana: vida e música na rúa, con Tucho Lijó

19/06/2021 - 06:04 h

No episodio 31 de Lambóns de Viaxe percorremos as rúas da Habana co ribeirense Tucho Lijó. Namorado de Cuba, Lijó visitou en varias ocasións a súa capital. Con el percorreremos os lugares máis emblemáticos da cidade, tomaremos mojitos na Habana Vella, visitaremos algún paladar e, por suposto, bailaremos e gozaremos da mellor música dos seus locais e das súas rúas.