CRTVG

Buscar

Podcast

Praias de Tailandia: bambáns de voda e "gasolina" con Inma Morandeira

15/05/2021 - 06:04 h

Neste Lambóns de Viaxe 26 acompañamos a presentadora e guionista Inma Morandeira nunha viaxe moi especial polas praias de Tailandia. Coñeceremos algúns dos areais máis abraiantes do sudeste asiático como os de Krabi, Koh Phi Phi, Phuket ou Koh Lao Lading e gozaremos dunha viaxe chea de anécdotas e risas. Coma noutras ocasións, haberá parada especial para a festa, para a gastronomía e tamén para algunha sorpresa, como o bambán en que Inma viviu un dos momentos máis emotivos da súa vida.