CRTVG

Buscar

Podcast

Papúa Occidental e Sulawesi: na busca de caníbales e "xitanos do mar", con Sara Horta

12/06/2021 - 06:04 h

Acompañamos nesta ocasión a Sara Horta, autora de  nuncaquiseirabrasil.com, nunha viaxe por dúas áreas ben distintias de Indonesia, Papúa Occidental e Sulawesi. A través das experiencias desta produtora de cine coñeceremos tres tribus, a dos Dani, a dos Bajau e a dos Tana Toraja. Veremos canto hai de certo nas teorías que indican que aínda hai canibalismo nalgunhas áreas de Papúa, coñeceremos aos “xitanos do mar” e presenciaremos un dos rituais máis emotivos dos Tana Toraja, as súas cerimonias fúnebres. Polo medio compartiremos a sensación de estar en praias paradisíacas sen turistas, colleremos ata sete avións para chegar a destino, pasaremos moitas horas nas estradas e tamén viviremos algún que outro aperto cando vexamos unha cidade de acollida, sen datos, e chea de militares na rúa.