CRTVG

Buscar

Podcast

Sorpresas en Bulgaria, con Alberto Mancebo

05/06/2021 - 06:04 h

No capítulo 29 de Lambóns de Viaxe acompañamos a Alberto Mancebo, correspondente da CRTVG en Porto, nunha viaxe chea de sorpresas por Bulgaria. Comezaremos en Sofía, a cidade máis coñecida, e visitaremos Plovdiv, a capital cultural do país. Comprobaremos se hai algún parecido entre a mesquita de Córdoba e o mosteiro de Rila e veremos como é animada zona de praia de Burgas.

Haberá un capítulo especial para a parte favorita desta viaxe para  Alberto Mancebo, as montañas balcánicas. Alí pararemos na aventura que agocha  o pico máis famoso desta cordilleira, coroado polo Monumento  Buzludzha,  unha antiga casa do Partido Comunista Búlgaro con aspecto de “nave nodriza”, que preside unha das fotos máis espectaculares desta viaxe.