CRTVG

Buscar

Podcast

Xapón II: Kioto, Nara, Osaka e o "París-Dakar" nipón, con Jorge Couñago

01/05/2021 - 06:04 h

Neste programa volvemos a un Xapón cheo de anécdotas, como sempre que viaxamos con Jorge Couñago. Con el visitaremos tres antigas capitais. Logo dunha curta parada en Osaka, viaxaremos ata dúas das cidades máis emblemáticas do país. Coñeceremos o Xapón medieval en Kioto e Nara. Aprenderemos o que é pasar a noite nun ryokan, os aloxamentos tradionais xaponeses ideados como casas para acoller convidados. Gozaremos cos templos, os xardíns e as tradicións destas dúas cidades e, cun pouco de sorte, probaremos a versión nipona do  “París-Dakar”  da Rúa do Franco, pero desta volta en Kioto.