CRTVG

Buscar

Podcast

Consellería do ritmo #10 Agoraphobia

23/05/2021 - 22:00 h

Coa visita de Agoraphobia, a Consellería do Ritmo concentra a súa atención nun universo de guitarras distorsionadas e baterías contundentes como mazas. Este cuarteto chega do Barbanza, pero xa sabe o que é tocar nos Estados Unidos, Reino Unido ou Alemaña. Por esas terras pasearon os seus dous álbums longos: “Incoming noise” (2017) e “Unaligned” (2019), exercicios incontestables de rock duro que exhiben os froitos da súa formación instrumental. Nesta ocasión, Tito Lesende conversa con Paula Rego e Lucía Fernández, base rítmica de Agoraphobia.