CRTVG

Buscar

Podcast

Consellería do ritmo #9 Verto

16/05/2021 - 22:00 h

O dúo Verto é un dos proxectos máis interesantes da última fornada do pop galego. Trátase da proposta de dous estudantes de Medicina: un santiagués, Fer Peleteiro; e un pontevedrés, Berto Mira. Ao pouco de debutar como galegofalantes, estes millennials xuntáronse para trasladar ao noso código a escola do pop internacional. Agora, Verto visita a Consellería do Ritmo cando o seu repertorio anda xa polo millón e medio de escoitas dixitais.