CRTVG

Buscar

Podcast

Consellería do ritmo #13 Bala

13/06/2021 - 22:00 h

Bala é a asociación de dúas galegas con talento e nervio: Anxela Baltar “Anx” (guitarra) e Violeta Mosquera “V” (batería), que comparten a responsabilidade nas voces. Son dúas instrumentistas inapelables que fabrican pezas para tombar un boi.

Bala vén de publicar o seu terceiro disco, “Maleza”, un repertorio duro coma un berro seco que entrou nos primeiros postos das listas de vendas en España na primavera de 2021. Pero, ademais, a súa proxección internacional é tremenda: traballan cun selo alemán e están afeitas a tocar nos EE UU, Australia, Colombia ou Xapón.