Panorámica
Unha análise da situación de Alcoa
Os 700 traballadores de Alcoa na Coruña e Avilés respiran aliviados tras a venda das dúas fábricas ao fondo suízo Parter. Con todo, continúa a incerteza sobre o futuro das factorías a partir de 2021.
Tras nove meses de loita, os sindicatos seguen á espera dunha tarifa eléctrica estable que garanta a actividade industrial a longo prazo.
Nos próximos minutos imos facer repaso, con Cristina Martínez, dunha crise que se desataba o pasado 17 de outubro, despois de que Alcoa anunciara o peche definitivo das factorías da Coruña e de Avilés.