CRTVG

Buscar

Panorámica

O 'brexit', ese gran descoñecido

23/03/2019 - 14:27 h

Polo menos descoñecido para as compañías galegas que operan dunha maneira ou outra no Reino Unido: con exportacións, con fábricas nese territorio ou con barcos con distinta bandeira que pescan nesas augas. O caso é que Galicia ten cada vez máis presenza comercial no Reino Unido. En xogo están arredor de preto de 1.500 millóns en exportacións e cifras aínda por determinar e difíciles de calcular na pesca pola complexidade de empresas propias ou compartidas.

O Banco de España xa estima que un brexit ás bravas restaría 9.000 millóns de euros á economía española en cinco anos.

Unha reportaxe de Emilio Blanco na redacción e locución e de Germán Cacheda na realización e montaxe.

Cortes dos diferentes programas da RG