Panorámica
Irene González Basanta, pioneira do fútbol
Nesta reportaxe de Eva Sandino fálase de mulleres no fútbol, pero non exactamente de fútbol feminino. Cóntanos a historia dunha coruñesa que rachou cos estereotipos e as limitacións deportivas impostas ao seu xénero nos anos vinte do século pasado. Irene González Basanta, a primeira galega que xogou profesionalmente ao fútbol e competía nun equipo de homes.