CRTVG

Buscar

Panorámica

O tratamento dos residuos en Galicia

23/02/2019 - 14:35 h

A Unión Europea establece o ano 2023 coma data límite para que en todo o seu territorio se realice unha recollida separada dos residuos orgánicos. Dous anos despois, os países membros deberán reciclar máis da metade do lixo que producen.

En Galicia, na actualidade, só o 15 por cento dos residuos son separados en orixe e aproximadamente a metade acaban sendo incinerados. Todos os expertos coinciden en que será moi complicado cumprir as esixencias comunitarias nos prazos establecidos.

É unha reportaxe de Xosé Manuel Pérez.

Cortes dos diferentes programas da RG