CRTVG

Buscar

Panorámica

O limbo legal das persoas desaparecidas e das súas familias

23/02/2019 - 14:24 h

As denuncias por desaparicións aumentaron nos últimos anos en Galicia. Moitas resólvense en cuestión de horas, pero hai outras persoas que marcharon sen rastro. Xente que falta dende hai anos.

Raúl Villares, coa colaboración técnica de Manuel Balsa, afondou sobre a situación legal destas persoas. As familias dos desaparecidos atópanse coa imposibilidade de acceder a bens, contas, teléfonos... Hai un caso, o de María José Arcos, en que a familia acabou por pedir a declaración de falecemento despois de 10 anos de ausencia.

Cortes dos diferentes programas da RG