Panorámica
Que está a pasar co xabaril en Galicia?
Que facer co xabaril ante os danos nos cultivos e os sinistros de tráfico que causan?
Labregos e gandeiros levan anos sufrindo ataques deste animal nas súas zonas de cultivo e as perdas polos danos que causan son millonarias. Están tamén tras a maioría dos accidentes de tráfico por colisións con animais. Ademais, cada vez é máis frecuente a súa presenza nas cidades. En Lugo, por exemplo, é frecuente velos por algunha rúa, mesmo pasearon ao carón da muralla.
Nesa cidade desenvólvese o primeiro protocolo en Galicia para tratar de controlar a presenza de xabarís en zonas urbanas, que abre a posibilidade de que interveñan arqueiros profesionais. Medida que rexeitan colectivos animalistas partidarios de priorizar a prevención. Unha reportaxe de Emma Alonso.