CRTVG

Buscar

Panorámica

Calotes e estafas en Galicia

08/06/2019 - 14:36 h

As estafas e os calotes están á orde do día en Galicia. Os estafadores aprovéitanse da vulnerabilidade e da confianza da xente, a miúdo persoas maiores, e, mediante o engano, conseguen sacarlles cartos.

Nos últimos meses, os falsos revisores do gas e da electricidade enganaron e mesmo roubaron moitos galegos e galegas, sobre todo, no rural. Aínda así, os estafadores melloran as súas técnicas ao mesmo tempo que a tecnoloxía avanza. Na última semana houbo varias estafas por Internet. Na rede, as persoas pagan por un produto que nunca chega ou mándanlles outro de peor calidade.

Este é un traballo de Sheyla Bermúdez.

Cortes dos diferentes programas da RG