Panorámica
O desabastecemento de fármacos
Os problemas de fabricación dos laboratorios farmacéuticos e os incrementos inesperados nas vendas son factores que inflúen no desabastecemento de fármacos, que no último ano aumentou en España un 45%.
Segundo a Axencia Española do Medicamento, os problemas de subministración afectan máis de trescentos fármacos. Non se sabe canto tempo tardará en normalizarse a situación, pero os sectores implicados lembran que ningún tratamento terapéutico quedará sen tratar.
Tanto en Galicia coma no resto do Estado, as boticas teñen a disposición do usuario produtos cos mesmos principios activos que fan a mesma función.
Celia Díaz e Chus Silva asinan este traballo.