Panorámica
Os selos de calidade dos produtos do agro galego
Galicia é terra de gastronomía e de produtos de gran calidade. Hai 30 anos púxeronse en marcha selos de calidade para garantir a orixe dos produtos feitos na nosa comunidade. Así naceron as Denominacións de Orixe e as Indicacións Xeográficas Protexidas.
Actualmente, están incluídos viños, carnes, queixos, castañas, fabas, patacas, grelos e pementos. Tamén a Tarta de Santiago, o Pan de Cea e meles de Galicia, así como a agricultura ecolóxica.
A maioría dos produtores aseguran que é moi positivo traballar baixo esta protección. Cren que a diferenciación é un valor engadido do seu produto. Pero, tamén destacan un problema: o despoboamento do rural galego, que afecta de forma negativa á produción de alimentos de calidade.
Unha reportaxe de Paula Graña.