CRTVG

Buscar

Panorámica

O xogo en liña: adicción en auxe e novos regulamentos

12/01/2019 - 14:15 h

Begoña Vázquez aborda nesta reportaxe unha das novas adiccións dos últimos anos: o xogo en liña. Nela cóntasenos, cos testemuños de Antonio Rial, da unidade de Psicoloxía do Consumidor da USC; de Francisco Gil, presidente da Asociación Galega de Ludópatas en Rehabilitación, e de Juan Lamas, director terapéutico da Asociación de Xogadores de Galicia, como arredor dun millón e medio de españois xoga cartos en liña, e a cifra tende a aumentar. Apostar en liña é unha afección que pode converterse en adicción, con especial incidencia entre os máis novos. De feito, en Galicia xogan arredor de 10.000 rapaces.

Programa de reportaxes presentado por Celia Rúa