CRTVG

Buscar

Panorámica

O radon en Galicia

12/01/2019 - 14:15 h

A Organización Mundial da Saúde declarou o gas radon substancia canceríxena en 1988. Trinta anos despois, España no adoptou ningunha medida para paliar os efectos dun gas presente no solo granítico, abundante en Galicia.

No mes de febreiro debería incorporarase á normativa española a directriz europea sobre o radon, un gas radioactivo co que aquí temos que convivir, pero ao que podemos combater mediante unha construción axeitada ou mesmo unha ventilación idónea.

Así se nos relata nesta reportaxe de Cristina Martínez, que xunta os testemuños de Xoán Miguel Barros, director do Laboratorio de Radon de Galicia; de Xosé María Arias, alcalde de Castroverde, e de Juan Lamas, concelleiro de Obras de Carballo -ambos concellos onde están facendo medicións de Radon- e de Gonzalo Guzmán, director técnico da empresa de Narón que realiza estas medicións. 

Programa de reportaxes presentado por Celia Rúa