Panorámica
O poder do Big Data no eido empresarial
Percorreuse moito camiño dende que as tecnoloxías da información, as TIC, comezaron a facerse presentes no eido empresarial. E chegaron para quedar. Hoxe en día as empresas xa están concienciadas da necesidade de sacarlle proveito ao chamado Big Data, todo ese caudal de información gardado en grandes bases de datos que ofrece enormes posibilidades para que os negocios reduzan custos e aumenten ganancias. Con Mercedes Prado sabemos como.