CRTVG

Buscar

Panorámica

O Gordo de Vilalba de 2017, un ano despois

22/12/2018 - 15:15 h

Nesta reportaxe de Emma Alonso regresamos a Vilalba un ano despois de que o Gordo do sorteo da lotaría de Nadal deixara na localidade máis de cincocentos millóns de euros. Nesta Panorámica imos recordar a euforia que se viviu nesa xornada e contar como lle cambiou a vida aos afortunados, a través dalgúns dos seus protagonistas, con dous escenarios destacados: a administración de lotaría El Alcázar, de onde saíron os boletos premiados, e o bar Cascudo, onde se venderon a maioría. Coa axuda do alcalde e do presidente dos empresarios trataremos de saber en que gastaron os cartos os premiados e se esa inxección de diñeiro se está a notar en Vilalba.

Programa de reportaxes presentado por Celia Rúa