CRTVG

Buscar

Panorámica

O testamento vital

17/11/2018 - 14:15 h

8.200 galegas e galegos entregaron o seu testamento vital no Rexistro de Instrucións Previas do Sergas.

Dende hai dez anos temos a posibilidade de deixar plasmados por escrito os coidados e tratamentos médicos que queremos recibir, ou non, ao final da nosa vida, cando xa non teñamos capacidade para decidir. A porcentaxe de inscritos é das máis baixas de España, en parte polo descoñecemento sobre a maneira de exercer un dereito que empezou a regularse no ano 2002, coa Lei de Autonomía do Paciente.

Nesta reportaxe de Celia Díaz e Xavier Facal sabemos máis do chamado testamento vital, de como hai que proceder, coa axuda de Margarita Tasende, directora do Rexistro Galego de Instrucións Previas e cun usuario do Sergas que optou por esta vía.

Programa de reportaxes presentado por Celia Rúa