CRTVG

Buscar

Panorámica

Asociacionismo para a loita contra a violencia machista e axudar as vítimas

24/11/2018 - 14:15 h

Coma cada ano, o mes de novembro lémbranos de xeito intenso a existencia da violencia machista. Neste mes, cóntanse por ducias os organismos, asociacións e institucións que lembran ás vítimas, se manifestan e impulsan decálogos contra esta eiva. Porén, hai quen traballa todos os días do ano coas mulleres que viven situacións de violencia. Desde asesoramento legal e psicolóxico ata pisos tutelados para dar acubillo a quen sofre esta situación.

Nesta reportaxe de Cristina Lombao coñeceremos dúas destas asociacións, Si hai saída, de Lugo, e Mirabal de Betanzos, que lembra co seu nome o apelido das tres mulleres dominicanas asasinadas en 1960 polas que comezou a conmemoración do 25 de novembro como Día contra a violencia machista.

Facémolo coa axuda das súas respectivas presidentas, Marta Rodríguez Engroba e Ana Saavedra.

 

Programa de reportaxes presentado por Celia Rúa