CRTVG

Buscar

Panorámica

O alcoholismo

26/10/2019 - 14:00 h

O alcoholismo é unha enfermidade que non ten cura. Por cada enfermo alcohólico, polo menos catro familiares sofren ao seu redor. Queremos coñecer como viven, que senten e como afrontan esta situación os familiares das persoas alcohólicas. Facémolo acudindo a un dos grupos de familiares de Alcohólicos Al Anón, que se reúnen semanalmente na nosa comunidade.

Alí, con María Xose Rivero como guía, coñecemos a Fernanda, María, Lucía, Verónica e Andrés. Algúns deles empregan nomes falsos para contar a súa experiencia.

Cortes dos diferentes programas da RG