CRTVG

Buscar

Panorámica

Maruxa Boga

27/10/2018 - 14:15 h

Na sección que cada última fin de semana de mes lle dedicamos a unha muller galega destacada, outubro foi para Maruxa Boga. De orixe galega, foi a voz da diáspora en América a través da radio e dende A Arxentina.

Nesta reportaxe asinada por Eva Sandino, lembraremos o papel de 'Recordando a Galicia', o programa da colectividade galega en Buenos Aires que máis tempo estivo en antena e que tiña ao seus mandos a Maruxa Boga, filla de emigrantes.

Ademais de fragmentos dese emblemático programa, neste traballo podemos escoitar o testemuño de Jesús Blanco Rosas, investigador e autor dun libro cd que recolle a historia do programa con coautoría de Norberto Pablo Cirio, el foi testemuño directo de como a poboación emigrante instalada na Arxentina lembra aínda aquel espazo radiofónico que lles traía as novas galegas das dúas beiras do Atlántico.

Programa de reportaxes presentado por Celia Rúa