CRTVG

Buscar

Panorámica

Malpicáns na segunda guerra mundial

15/12/2018 - 14:15 h

Neste 2018 fixo 80 anos da historia de 66 homes de Malpica que fuxiron da guerra civil e do fascismo. Fuxiron en tres pequenas lanchiñas desde Malpica ata Francia, como refuxiados políticos. Uns acabaron loitando contra os nazis na segunda guerra mundial e presos en campos de concentración. Outros remataron no Perú e en Chile, onde fixeron fortuna. A súa historia empeza a esvaecerse polos anos do silencio do medo da posguerra, e tamén porque todas os protagonistas e todas as testemuñas foron morrendo.

Nesta reportaxe de Alberto Ordóñez e de Xabier Facal recuperan unha parte do ocorrido con gravacións inéditas das últimas persoas que coñecían de primeira man o que pasou. Son gravacións, ata o de agora inéditas, feitas hai 25 anos.

Programa de reportaxes presentado por Celia Rúa