CRTVG

Buscar

Panorámica

Inmigrantes: a realidade dos refuxiados en Galicia

16/11/2019 - 14:00 h

Dos 56.000  inmigrantes que chegaron a España o ano pasado, expulsáronse 11.000, un 22% máis ca en 2017. A maior parte destas persoas proceden de Marrocos, da Guinea ou de Alxeria. Lugares onde non se respectan os dereitos humanos ou que están inmersos en guerras civís. A maior parte das veces non poden solicitar algún tipo de protección internacional porque non teñen como demostrar que están en perigo. E os que a solicitan pasan ao coidado das ONG ata que se resolva a petición. O Goberno ten pendente de tramitar cen mil solicitudes.

Analizamos esta cara da inmigración con esta panorámica que asinan Nuria Polo e Xurxo Breixo.

Cortes dos diferentes programas da RG