CRTVG

Buscar

Panorámica

'Influencers'

02/02/2019 - 14:15 h

O mundo das redes sociais cambiou o xeito de interactuar e comunicarse. Pero non só iso, Internet fixo xurdir novas profesións e estilos de vida que ata o momento eran impensables.

Como coñeceremos nesta reportaxe de Mabel Villamarín, o termo influencers xa non resoa de xeito estraño. Persoas que son seguidas na rede de redes por miles e milleiros de individuos aos que lles ensinan os seus looks, traballos e xeitos de vivir.

Na seguinte reportaxe escoitamos a Michenlo e Sara Noreguerol, dous mozos galegos con moita presenza nas redes sociais, e a Patricia Ratia, cofundadora e directora financeira de SamyRoad, unha empresa de mercadotecnia de influencers.

Cortes dos diferentes programas da RG