CRTVG

Buscar

Panorámica

Enriqueta Otero

25/11/2018 - 14:15 h

A panorámica de muller do mes de novembro cínguese na figura de Enriqueta Otero, nada en Castroverde en 1910 e falecida en Lugo en 1989. Considerada a “última guerrilleira” ou a “Pasionaira Galega”, foi mestra, miliciana, presa política no Franquismo e activista na Transición.

Sobre ela versa a reportaxe de Eva Sandino en que escoitamos os testemuños e análises da investigadora Aurora Marco, da escritora Carmen Blanco, do xornalista Carlos Reigosa e mesmo de Sabela Mouriz, quen coñeceu ben a Otero.

Programa de reportaxes presentado por Celia Rúa