CRTVG

Buscar

Panorámica

Cambio climático: A suba do nivel do mar

30/11/2019 - 14:30 h

A suba do nivel do mar por mor do cambio climático podería illar zonas coma O Grove e Aguiño dentro de 30 anos. Ou facer desaparecer baixo as augas as dunas de Corrubedo e o castro de Baroña, os peiraos da Coruña e as radas de Navantia en Ferrol.

Parte de Galicia podería quedar somerxida se non se reducen as emisións de CO2 á atmosfera. Son as previsións dos científicos, pero tamén hai espazo para a esperanza se se toman agora as decisións correctas, como se recolle nesta reportaxe de Mercedes Prado.

Cortes dos diferentes programas da RG