Panorámica
BIC galegos: a xestión do patrimonio declarado ben de interese cultural
A Cova Eirós, en Triacastela, o campamento romano de Porto Quintela, en Bande, e as esculturas do Mestre Mateo da portada desaparecida do Pórtico da Gloria son algúns dos últimos Bens de Interese Cultural incluídos no rexistro da Xunta.
A declaración como BIC procura a protección dos bens que conforman o patrimonio cultural galego e compromete propietarios, administracións e comunidades na súa conservación.
Desde catedrais a cadros, de petróglifos a paisaxes..., na seguinte reportaxe de Anxo Quintela achegarémonos á variedade e á complexidade da xestión dos Bens de Interese Cultural en Galicia.