Panorámica
As casas niño
En toda Galicia hai 61 casas niño e 30 casas do maior. Son recursos de conciliación, totalmente gratuítos, cos que se palía a falta de garderías e residencias da terceira idade en concellos de menos de cinco mil habitantes.
As casas niño comezaron a funcionar en 2016 e dende aquela non paran de medrar. Só este ano prevese a apertura doutras quince.
Nos próximos minutos imos afondar no funcionamento destas dúas iniciativas e da acollida que están a ter por parte da cidadanía. É unha reportaxe de Cristina Martínez.