Panorámica
As alternativas ao carbón
Endesa prevé realizar na primavera novas probas con combustibles alternativos na central de carbón do concello coruñés das Pontes.
Unha planta que leva meses sen queimar mineral e que a eléctrica quere pechar antes de 2022 ante o encarecemento dos dereitos de emisións de CO2.
A necesidade de substituír os combustibles fósiles por outros máis limpos está levando a moitas empresas a experimentaren con fontes de enerxía alternativas.
Nos próximos minutos imos analizar, con Cristina Martínez, algúns dos proxectos máis innovadores para reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro.