Panorámica
A xustiza gratuíta en Galicia
O ano pasado atendéronse nos xulgados galegos 34.000 procedementos de xustiza gratuíta. Nestes casos é a Xunta e non os clientes os que asumen os gastos do avogado e o procurador de oficio.
Os honorarios destes profesionais son ata seis veces máis baixos que os que perciben cando levan estes mesmos asuntos nos seus despachos particulares. É unha reportaxe de Nuria López e Chus Silva.