CRTVG

Buscar

Panorámica

A prostitución, explotación e tráfico de mulleres

11/01/2020 - 14:30 h

España é, segundo a ONU, o terceiro país do mundo e primeiro de Europa con maior demanda de prostitución. Case catro de cada dez varóns españois pagaron nalgunha ocasión por manter relacións sexuais. Cifras que puña en valor hai case un ano Pilar Llop, a que agora é presidenta do Senado e daquela era delegada do Goberno prá Violencia de Xénero.

Máis datos. En España hai máis de 1.500 bordeis, e a prostitución move cada día -segundo a Policía- cinco millóns de euros. Entre o que máis inquedanza xera figura o aumento de mozos que pagan por sexo.

Sobre a realidade da prostitución, o funcionamento das mafias e o que habería que facer para rematar coa escravitude sexual das mulleres fala esta reportaxe de Mari Pereira.  

Cortes dos diferentes programas da RG