Panorámica
A presenza da muller na Real Academia Galega
Maio é un mes ligado ás letras e á Real Academia Galega. Por iso, nesta ocasión queremos celebrar a presenza, aínda cativa, das mulleres que sentan ou sentaron nunha das cadeiras da institución centenaria.
Poetas, narradoras, ensaístas, filólogas, arquivistas e cineastas que abren camiño e ás que queremos lembrar nesta reportaxe na que escoitaremos as súas voces ou, nalgúns casos, a súa obra en voces prestadas. Unha reportaxe de Eva Sandino.