CRTVG

Buscar

Panorámica

25-N: A necesidade da reforma do Código Penal

23/11/2019 - 14:00 h

A sentenza da Audiencia de Barcelona sobre a chamada Manada de Manresa volveu situar no centro do debate a necesidade de reforma do Código Penal nos artigos que se refiren aos delitos contra a liberdade sexual.

No caso da violación múltiple de Manresa, a unha gran parte da opinión pública resúltalle difícil de comprender que a circunstancia de que a vítima, unha rapaza de 14 anos, estivese no momento dos feitos practicamente inconsciente polo efecto das drogas e o alcohol, fose un factor decisivo para rebaixar a gravidade do delito e a contundencia das penas.

Revisar a definición de agresión sexual no Código Penal e facer depender o delito da falta de consentimento explícito da vítima é unha das propostas en estudo no ministerio de Xustiza e un dos aspectos da reforma lexislativa que abordaremos na seguinte reportaxe que asina Anxo Quintela.

Cortes dos diferentes programas da RG