CRTVG

Buscar

Panorámica

A gripe de 1918 chega ao Parlamento galego

17/11/2018 - 14:15 h

O Parlamento de Galicia reforza a campaña de vacinación contra a gripe, que en nada estará connosco, lembrando a grande epidemia do ano 1918, a mal chamada "gripe española". Foi nun acto da Real Academia de Medicina, que se reuniu no Hórreo con motivo do centenario da considerada enfermidade máis devastadora da historia, que provocou en 2 anos máis mortes ca as dúas guerras mundiais. Baseándose nos relatorios desa xornada, Carme Lourido creou esta reportaxe en que se poden escoitar os doutores Benito Regueiro García, Juan Jesús Gestal Otero e José Carro Otero e tamén o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña.

Programa de reportaxes presentado por Celia Rúa