Panorámica
A aporofobia
O pasado día 17 de outubro celebrábase a Xornada Internacional de Erradicación da Pobreza, un día antes a Rede Europea de Loita contra a Pobreza presentaba no Senado o informe deste ano 2019. Pese á recuperación económica, máis de 12 millóns de persoas atópanse en risco de pobreza ou exclusión social. O perfil, di o informe, son persoas adultas con nivel educativo medio e con traballo, pero que non dispoñen de recursos suficientes para satisfacer as necesidades básicas.
Falamos hoxe dun termo relacionado coa pobreza que está aceptado na Real Academia de la Lengua Española. 'Aporofobia': odio ao pobre. Facémolo con Clara de Saa.