CRTVG

Buscar

Panorámica

8-M: O teito de cristal

07/03/2020 - 14:30 h

O Día da Muller, o 8 de marzo, pon o foco no moito que aínda queda por percorrer para acadar a igualdade real efectiva entre homes e mulleres. Centos de actividades de todo tipo, reivindicativas, culturais, didácticas salpican a nosa xeografía e nós, en Panorámica, quixemos centrarnos nun dos muros que aínda quedan por derrubar. O coñecido como teito de cristal. 

O traballo precario leva nome de muller se atendemos ás cifras. A desigualdade salarial, a segregación sexista no ámbito laboral ou as dificultades á hora de conciliar a vida profesional e persoal constrúen ese teito de cristal que condiciona a progresión da muller en moitos sentidos.

Un día antes do 8-M, con María Xosé Rivero, achegamos historias de mulleres en diferentes ámbitos.

Cortes dos diferentes programas da RG