CRTVG

Buscar

Panorámica

25 anos do derradeiro partido do histórico OAR Ferrol na liga ACB

11/05/2019 - 14:15 h

Esta é unha historia da paixón dunha cidade polo baloncesto. Neste mes de maio fai 25 anos do último partido en ACB do histórico OAR Ferrol. Un club que, na mesma temporada 1993/94, xogou a Copa do Rei dese ano, clasificouse para a edición do ano seguinte e pelexou polo título de Liga nos oitavos de final.

Estes éxitos deportivos non evitaron a súa exclusión da Liga por motivos económicos ao final desa mesma campaña. O OAR desapareceu, ao igual que outros históricos como Granollers, Cai Zaragoza ou Peñas de Huesca.

Esta é a historia daquela temporada. Cóntanola Raúl Villares.

Cortes dos diferentes programas da RG