CRTVG

Buscar

Os almorzos

"O Goberno de Pedro Sánchez teranos en fronte se non derroga as reformas laborais"

12/06/2018 - 08:25 h

A deputada Yolanda Díaz dixo nos 'Almorzos' da Radio Galega que "é lóxico que o novo Goberno necesite tempo para localizarse, non só hai que dar cen días de cortesía, pero hai moitos problemas sobre a mesa que hai que resolver". Díaz expón unha das prioridades: derrogar as reformas laborais.

Non sería decente non facelo. Por suposto que lle imos dar tempo ao Goberno, pero xulgarémolo polas súas accións e teranos en fronte, se non derroga as reformas laborais que aprobaron o PP e o PSOE no seu día, ou a Lei mordaza. Estaremos moi proactivos

Neste senso, Díaz di que "me preocupa o que dixo a ministra de Traballo nas últimas horas de que ten dúbidas sobre a reforma laboral"

O Goberno ten que ter audacia e negociación para sacar cousas adiante. Creo que hai que ter prudencia, a ver como xira

Yolanda Díaz entende que "agora si que chegou o tempo de Galicia".

Xa non hai escusas. O PSOE debe ser coherente co que defendeu ata agora; ata a semana pasada votamos moitas iniciativas conxuntamente. Así, é urxente a transferencia da AP-9 a Galicia, todo o que ten que ver coas infraestruturas, as agresións ambientais teñen que ser atendidas, sectores fundamentais como o agrario ou a pesca hai que atendelos... Chegou o tempo de que o Goberno de Pedro Sánchez mude a realidade de Galicia

Con todo, a deputada de En Marea augúralle dificultades ao Executivo.

Se Rajoy tiña dificultades para gobernar con 137 votos, máis terá el con 84. É o Goberno máis feble dos que temos coñecido. Ten que conseguir cada un dos votos que necesita, por exemplo hoxe que hai pleno

Sobre En Marea, Yolanda Díaz coincide co voceiro parlamentario Luís Villares en que "debemos decidir en Galicia quen somos e que queremos facer" e estende esa afirmación ás mareas municipais.

Cada concello debe decidir o que quere facer. Temos moitas variantes conformadas, cada marea debe deliñar a proposta política para o seu concello e espero que con audacia e intelixencia gañemos as municipais

Tamén defende o peso dos cinco deputados que ten En Marea no Congreso.

Os cinco deputados teñen unha forza extraordinaria. Mira se son importantes que, se eles non votasen por Pedro Sánchez, seguiría no Goberno Rajoy. Estamos traballando por Galicia, somos a voz de Galicia no Congreso e estou orgullosa

Cortes dos diferentes programas da RG
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí