CRTVG

Buscar

Os almorzos

Xavier Labandeira, director da Unidade de Investigación de Política Climática do Instituto Universitario Europeo

25/03/2014 - 09:23 h
Xavier Labandeira, director da Unidade de Investigación de Política Climática do Instituto Universitario Europeo

"Eu penso que si. É o que pensa a comunidade científica, que existe o cambio climático e está ocasionado polo home".

Deste xeito, o catedrático vigués e futuro líder da investigación europea sobre o cambio climático falaba nos "Almorzos da Radio Galega" deste "problema importante que hai que afrontar con moitas arestas, tendo en conta os impactos económicos".

Xavier Labandeira é o futuro director da Unidade de Investigación de Política Climática do Instituto Universitario Europeo, un centro co obxectivo de

"facer investigación que sirva á Unión Europea e aos estados membros para acadar unha política climática ambiciosa e seria".

Ao preguntarlle polas consecuencias deste fenómeno, Labandeira apuntou que este "terá o seu apoxeo nunhas décadas"; si recoñece que "podemos comezar a ver algúns fenómenos moi extremos -algo moi agudo, distinto do habitual-". No caso galego di que "podemos pensar nas cicloxéneses (...) que nos dan unha pista de por onde están indo as cousas". Mesmo se referiu a este inverno en Galicia e ás súas consecuencias:

"Galicia é un lugar vulnerable. Dependemos moito da actividade climática na agricultura, no turismo, no sector pesqueiro...".

Sobre as posibles solucións, o catedrático vigués referiuse a un informe que el mesmo presentou en Madrid hai dous meses, no que propón unha reforma fiscal neste eido. Non se trata -di- de subir os impostos, senón de equilibralos. "É importante aumentar os impostos máis relacionados co uso do vehículo e reducir outros". Apuntou que seguirá traballando neste senso dende a súa posición no Instituto Universitario Europeo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí