CRTVG

Buscar

Os almorzos

"A venda online é unha oportunidade para o pequeno comercio"

21/12/2017 - 08:24 h

O presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, destaca o aumento das compras do Nadal destes últimos anos a causa das promocións do Black Friday, que adianta as compras ao mes de novembro.

"Sácase mercancía, aínda que non é unha solución. Temos que participar no Black Friday, pero para nós non é motivo de alegría"

Os hábitos de consumo están en plena transformación coa presenza que día a día gaña Internet. "A venda online é outra canle que dende o pequeno comercio temos que ver como unha oportunidade e non como unha ameaza". Seijas insta as pequenas tendas a incluíren a venda online, algo que lles permitiría "estar abertas as 24 horas e chegar a todas as partes do mapa xeográfico"

A outra aposta de José María Seijas pasa polo asociacionismo das pequenas empresas do comercio. "Temos que unirnos para facer fronte ás grandes superficies. Non podemos ver o comercio do lado como competidor, senón que cómpre aproveitar as súas sinerxías", indica. Tamén destaca como punto forte do pequeno comercio o "trato humano e a especialización". "Temos que aproveitalo como método de defensa". Destaca que estas son boas datas para tirar desta característica das tendas locais.

"A xente busca agasallos, pero está indecisa e moitos buscan o consello do comercio máis próximo".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí