CRTVG

Buscar

Os almorzos

Óscar Nogueira, voceiro do Clúster Galego de Autoconsumo Enerxético (AGAEN)

27/05/2014 - 09:26 h
Óscar Nogueira, voceiro do Clúster Galego de Autoconsumo Enerxético (AGAEN)

O sector das renovables ten capacidade para xerar máis de 5.000 empregos directos en Galicia.

Así o afirmaba nos "Almorzos de Galicia por diante" o voceiro do Clúster Galego de Autoconsumo Enerxético, o Agaen. 

Óscar Nogueira amósase moi crítico coa regulación enerxética que promove o Goberno central, xa que -sinala- se somete aos intereses dos grandes lobbies enerxéticos. 

 Unha das principais trabas administrativas -sinala- é o decreto que prepara o Ministerio de Industria e que contempla a chamada "peaxe de apoio". Este sistema obriga empresas e particulares a aboaren parte do aforro obtido polas súas instalacións renovables ás grandes compañías enerxéticas.

 Nogueira confía en que o borrador deste decreto finalmente non saia adiante porque -di- limitaría a capacidade produtiva da industria en toda España. 

 Respecto ao consumo privado, o voceiro de Agaen estima que a instalación de paneis fotovoltaicos permitiría un aforro anual no fogar superior aos 400 euros, cun investimento incial duns 3.000 euros. Un sistema que, segundo Nogueira, xa está fortemente implantado en países como Alemaña, que só no último ano instalou tanta enerxía fotovoltaica coma España nos últimos anos.

 Óscar Nogueira conclúe que Galicia non está a aproveitar as súas potencialidades en materia de autoconsumo enerxético, que permitirían unha baixada real da factura da luz.

 Sostén que a falta de políticas de fomento das enerxías renovables ten frustrado moitas iniciativas no noso país nos últimos anos que poderían xerar riqueza e máis de 5.000 empregos directos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí