CRTVG

Buscar

Os almorzos

Sabela Bouzo, responsable de Galiciencia

20/11/2014 - 09:26 h
Sabela Bouzo, responsable de Galiciencia

"Favorecer o emprendemento entre os máis novos e novas e que as empresas se instalen na nosa terra"

Son algunhas liñas mestras de Galiciencia, a maior feira científica galega, que, dende o 19 ata o 21 de novembro, se poderá ver no Parque Tecnolóxico de Galicia, no concello ourensán de San Cibrao das Viñas.

Unha carpa expositiva na que 44 grupos de educación secundaria e de formación profesional e outros 20 de primaria amosan os seus proxectos e inventos. Iniciativas innovadoras como unha app para aparcar, cúpulas para bicicletas, un dron antiincendios ou sistemas de iluminación LED para cultivo das leitugas na casa. 

 Sabela Bouzo, responsable da organización da feira, explicaba nos Almorzos de "Galicia por Diante" que son tres xornadas "dun ambiente frenético e cheo de ilusións".

 Durante os tres días que dura a feira, máis de dúas mil persoas acoden ao Parque Tecnolóxico de Galicia para coñecer, de primeira man, os inventos científicos saídos das escolas e institutos públicos do país.

"Ano a ano mellora a calidade dos proxectos e o nivel é impresionante", destaca Bouzo. 

 Ademais da carpa expositiva, a feira compleméntase con multitude de talleres e actividades paralelas. Tamén para a cativada, que poderá gozar das instalacións de "Planetaria" e dun taller de robótica e de "LEGO", entre outras cousas.

 Nesta novena edición da feira, ademais, haberá talleres relacionados coa celebración do Ano Internacional da Agricultura Familiar e co Ano Internacional da Cristalografía, declarados pola ONU. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí