CRTVG

Buscar

Os almorzos

"Comezamos sendo unha representación a pequena escala de Galicia e agora somos un escaparate do que hai fóra"

08/06/2018 - 08:23 h

Xa están abertas as portas da 41 edición da Semana Verde de Silleda. Un total de 710 postos espallados polo recinto feiral acompañados por un total de 200 actividades organizadas para todos os públicos. O evento divídese en catro sectores: alimentación, turismo, caza, pesca e gandería e, por último, maquinaria e decoración. 

"Alimentación e turismo son os dous grandes piares da feira. Este ano contamos con empresas galegas, nacionais, en concreto 26 andaluzas, e internacionais. Por exemplo, Portugal trae 42 empresas, o que supón o 61% máis que o ano pasado".

É así como a Semana Verde de Silleda "pasou de ser unha representación a pequena escala de Galicia a ser un esparate do que hai fóra. A nivel peninsular e internacional". 

O obxectivo da Semana Verde é seguir medrando exponencialmente e consagrar a feira como todo un referente a nivel nacional.

"Seguiremos coa multiplicación de eventos e non descartamos pensar en novas áreas, coma as enerxías ou os transportes, para seguir medrando".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí