CRTVG

Buscar

Os almorzos

"Imos dar entrada a todo o mundo pero as persoas deben querer integrarse"

02/01/2018 - 08:22 h

O recentemente elixido secretario provincial do PSdG en Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, abre a porta a integrar na dirección a Noela Blanco, a súa principal rival na segunda volta das primarias, e a Pachi Vázquez.

Nós somos unha candidatura de integración dende o primeiro momento e non imos variar a nosa filosofía. Nós imos dar entrada a todo o mundo. Non temos vetos, non temos exclusións pero as persoas deben querer integrarse e, obviamente, nós non forzamos a ninguén

Cre que o resultado das primarias confirma que "a fractura entre a cidade e a provincia desaparece e consolídase un partido máis forte e máis cohexionado" e dá por superada a fractura no PSdG na provincia.

Ao preguntarlle polas declaracións de Noela Blanco en que asegurou que o gran vencedor das primarias foi Pachi Vázquez, ante o apoio dos afíns ao ex-secretario xeral a Rodríguez, o novo secretario evita polemizar pero recoñece que foron unhas declaracións desafortunadas. Asegura que "non é unha declaración moi ortodoxa".

No momento en que unha persoa agarda obter a vitoria e non ocorre,  ás veces reacciona de xeito que non é o apropiado, pero humanamente é comprensible

De cara ás eleccións municipais do 2019, apunta que "o obxectivo é recuperar o goberno na cidade e devolverlle a Deputación de Ourense ao pobo".

 Ter unha deputación aberta aos cidadáns e ao pobo en vez dunha deputación en mans dunha familia e que traballa de xeito caciquil e cun repartimento de fondos clientelar  

 

Cortes dos diferentes programas da RG
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí