CRTVG

Buscar

Os almorzos

Noela Blanco rexeita a oferta de Rodríguez Villarino de integrarse nunha candidatura única

19/12/2017 - 08:27 h
Noela Blanco rexeita a oferta de Rodríguez Villarino de integrarse nunha candidatura única

As primarias do PSdeG en Ourense do próximo día 30 serán cousa de dous. A deputada Noela Blanco rexeita a oferta do alcalde de Amoeiro para integrarse nuha candidatura unitaria. Nos 'Almorzos do Galicia por diante' Rafael Rodríguez Villarino confesaba: "Estamos facendo unha candidatura integradora, que vai medrando, máis participativa". Rodríguez Villarino recoñece que están abertos a integrar no seu proxecto a candidatura que representa Noela Blanco, deputada do PSdeG. Con todo, matiza que aínda non tivo ocasión de reunirse con ela.

Blanco, pola súa banda, desbota integrarse na lista do seu rival nas primarias. Recalca que o que ela defende é "un pacto coa militancia, non un pacto entre candidatos" e engade que "se queremos acabar coas liortas internas, debemos deixar de falar de bandos e de pactar entre bandos". A deputada socialista afirma que "chegarei coa miña candiatura ata onde a militancia me leve" e recalca:

Vou cumprir a miña palabra e ser coherente; haberá unha papeleta co meu nome o día trinta

Agora os dous candidatos traballarán por atraer os militantes indecisos e aqueles que na primeira volta apostaran pola candidatura de Pachi Vázquez, que quedou fóra da carreira das primarias. E desbotan comentar as palabras do ex-secretario xeral do PSdeG, que chegou a asegurar que o domingo pasado, nas primarias, houbo tres gañadores: os dous candidatos e a Fiscalía. Segundo os aspirantes a dirixir o partido na provincia de Ourense, a petición da Fiscalía de abrir unha investigación contra o ex-alcalde do Carballiño apenas influíu no resultado das primarias.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí